A partir do 1 de febreiro de 2016, non se poderán descontar recibos coa norma 58, a partir desa data será obrigatorio pasalos coa norma SEPA Core (ou 19-14) ou coa norma SEPA B2B (ou 19-44).
Para adaptar Exact Dimoni a nova norma só temos que facer os seguites pasos:
1. Cubrir o IBAN en todas as contas
2. Cubrir o código BIC / Swift
3. Todas as contas teñen que ter un documento que acredite que se lle poden cargar recibos, identificado cun número e unha data , «Mandato» e «Data de Sinatura»
4. Crear un novo soporte magnético que inclúa na mensaxe de identificación do ficheiro a clave «FSDD»
Para asegurarnos que as CCC teñen todos os datos vamos á ficha de cliente, pinchamos en contas domiciliatarias e cubrimos os seguintes campos:
Código de País (ES) e Díxito de Control IBAN (DC_IBAN)
Código BIC/Swift
Código de Mandato:
Se non tedes todos estes datos introducidos a norma dará erros podedes contactar con nós en info@idsk.es para executar unhas consultas que cubren automáticamente estes datos e para xerar esta nova norma. Contactade tamén se non sabedes cómo crear un Soporte Magnético,
De todas maneiras recoméndase vehementemente que acudades ás charlas que están dando os bancos, non só polo aspecto técnico senón polos cambios legais nos que se apoian estas normas.
Un saúdo