5 tácticas para implantar unha estratexia

A aparición de resistencias ó cambio son inevitables nas organizacións, polo que a xente o cargo do cambio deben ser conscientes delo e deseñar tácticas que permitan unha adecuada xestión do proceso. Neste senso temos uns cantos instrumentos que poden resultar útiles como son os seguintes:

  1. Información e comunicación: a transparencia na información pode desfacer algunhas resistencias vinculadas co medo o descoñecido ou doutra orixe. Un esforzo de comunicación pode axudar a convencer das necesidades do cambio e das súas vantaxes esperadas así como para identificar as resistencias.
  2. Negación e incentivos: as resistencias poden vencerse mediante diálogo e negociación, ofrecendo contraprestacións e deseñando sistemas de incentivos que potencien os comportamentos daquelas persoas que se unan ó cambio proposto.
  3. Difusión do cambio: unha implantación rápida e extensa do cambio proposto debilita as resistencias que poidan existir, xa que cantas máis persoas o acepte, as resistencias dos demais tenden en maior medida a debilitarse.
  4. Participación e compromiso: en xeral, se as persoas afectadas participan na decisión, se sentirán máis comprometidas co éito do cambio e presentarán menos resistencia. A definición clara da misión da empresa e do propósito estratéxico poden axudar notablemente nesta dirección.
  5. Apoio de persoas e grupos clave: a busca de apoios de xente influinte dentro da empresa facilita a implantación de cambios. Estes poden ser internos (directivos, líderes sindicais…) ou externos (inversores, administracións…)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *