Cómo incrementar a túa liquidez

Un dos principais problemas có que nos atopamos nesta profunda crise financeira é a falta de financiamento por parte dos bancos ás nosas empresas. Non imos entrar na causa deste estrangulamento financeiro, simplemente vou expor unhas pequenas pautas para mellorar a nosa posición financeira.

 

Pautas básicas

Incrementar as vendas aos clientes que mellor pagan.

  • Mediante promocións particulares e individualizadas
  • Incrementando a comisión aos comerciais por vender a estes clientes

Cobrar por adiantado aos clientes que teñen algún impagado.

  • Se un cliente ten un impagado ou unha devolución, pasar a cobrarlle por adiantado, antes de servir a mercadoría.
  • Establecer por contrato un incremento ou unha penalización por devolución indebida.

Incrementar as vendas de produtos con máis marxe.

  • Facendo ofertas mensuais
  • Incrementando a comisión deses artigos

Forzar aos clientes a que nos cambien a forma de pago a recibo, pagaré, etc.

  • Por exemplo, cando hai un cambio de tarifas subimos un 1% adicional, 1% que se lle descontará a quen pague mediante recibo. Así pasa a empresa a tomar o control do cobro, e se non o colle polo menos incrementa a marxe.

Pagar as comisións por venda cobrada.

  • Pagar as comisións por venda cobrada non por factura emitida.

Outras pautas

Establecer un día de pagamento e de cobro.

  • Para simplificar a nosa xestión de pagos e cobros o mellor é establecer días de pago e cobro, por exemplo, cobro días 5 e 15 e pagos días 10 e 20. Así centrarémonos en ter saldo nos bancos só nos días 10 e 20, permitindo que o resto de días focalicemos en cómo subir a tesourería.

Renegociar débeda a curto prazo por débeda a longo prazo.

  • Os impagados estropearon todas as nosas previsións e afundíronnos o saldo, se temos capacidade cambiaremos esa débeda por débeda a longo prazo a pagar mes a mes. Isto só é efectivo se despois non volvemos caer en descuberto.

Se levamos máis de 3 meses tirando da liña de crédito, temos un problema.

  • Cando a empresa se afai a vivir en crédito permanente hai un problema estrutural. Temos que resolvelo urxentemente, a liña de crédito está para picos de tesourería (vg compra dunha mercadoría que se cobrará en 60 días) non para a actividade diaria.

Traballar con varios bancos

  • En canto un banco detecta unha transferencia entre dous bancos distintos dun mesmo cliente, incrementamos o noso poder de negociación. Sabe que podemos marchar dun momento a outro.

 

Pautas de control

Coñecer a nosa situación de tesourería

  • Mes a mes, semana a semana ou día a día comprobar os pagos e cobros próximos. En caso de problemas graves sempre poderemos negociar cun cliente ou cun provedor un adianto ou un retraso.

Establecer índices de tesourería

  • O típico é o Período Medio de Cobro e de Pago.

Levar unha contabilización diaria dos pagos e cobros

  • Isto fará que non aparezan cobros e pagos indesexados e que coñezamos a tempo real o estado das nosas contas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *