Facenda fixa uns parámetros para declarar obligatoriamente, xa sexa por individual ou conxunta.
Ademáis teñen que declarar todos aqueles que queiran:
- Solicitar a devolución
- Acceder a deduccións: por inversión en vivenda, conta aforro-empresa, ou doble imposición internacional
- Reduccións na Base Impoñible: aportacións a patrimonios protexidos e planes de pensións e similares.
Existen dúas reglas: Na regla 1 establecense os límites xerais. A regla 2 funciona como un extra: se pola primeira estiveses obligado a declarar deberías acudir á segunda.
Regla 1
Rendementos de Traballo
- Non superar os 22.000 €: a)se so tes un pagador b) se tes máis de un que estes rendementos non superen os 1.500 € c) que sexan prestacións pasivas de 2 ou máis pagadores con retencións fixadas por Facenda.
- Non superar os 11.200 €: a)cando se hai máis dun pagador o segundo e seguintes superen os 1.500 €. b)Cando se perciban anualidades por alimentos ou pensións compensatorias non exentas c)Cando o pagador dos rendementos de traballo non estea obligado a reter. d)Cando se obteñan rendementos de traballo cun tipo fixo de retención (cursos, conferencias…)
Rendementos de Capital Mobiliario y Ganancias Patrimoniais
- Non superar os 1.600 € anuais
- Houbesen sido sometidos a retención ou ingreso a conta.
Imputación de Rentas Inmobiliarias, Rendementos de Letras do Tesoro ou Subvencións para a adquisición de vivenda de Protección oficial
- Non superen os 1.000 €
Regla 2
Para Rendementos de Traballo, Rendementos de Capital, Rendementos de Actividades Económicas e Ganancias Patrimoniais
- Límite de 1.000 €
Pérdidas patrimoniais:
- Límite de 500 €