¿Debe a miña empresa ter unha política de RSE?

Estes días estase a falar moito da nova dos talleres brasileiros que producían algunhas das prendas de Inditex e que foron acusados de explotación laboral. O xigante galego do textil ten unha das políticas de Responsabilidade Social Corporativa (RSE) máis desenroladas e que máis marca tendencia no sector.

Moitas veces pensamos que so as empresas grandes, que cotizan e teñen accionistas deben ter moi en conta as súas relacións cos diferentes actores que rodean a organización. Pero a un nivel máis modesto tamén podemos controlar e estandarizar procesos cos nosos clientes, traballadores, provedores, entorno ou sociedade para obter importantes beneficios. Algúns deles son:

  • Maior produtividade: a través de mellores condicións para os traballadores acádase unha mellor retención de talentos, e por ende, menores índices de rotación.
  • Lealdade do cliente: satisfacendo as súas necesidades, empezando por proverlle de plataformas onde poida transmitir as súas necesidades e queixas. Ademáis da calidade e do prezo, os clientes empezan a demandar información das condicións de produción, as certificacións que ten o produto entre outras.
  • Acceso a mercados: por cumprimento de estándares e certificacións esixidas por actores externos, incluíndo os consumidores.
  • Credibilidade: a empresa é respetuosa coas persoas, comunidades, medio ambiente e a sociedade no seu conxunto proxecta unha reputación que lle garantiza maior sostenibilidade no tempo, reducindo riscos, anticipándose a situacións que poden afectarlle, maior axilidade para reaccionar e adaptarse e xerando confianza.

Polo tanto, unha política de RSE é hoxe en día tan necesaria como outras políticas para estar o día, evitar sustos e medrar dunha forma sostible.

Aquí tedes o apartado da web de Inditex sobre a súa estricta política de RSE

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *