Cómo crear Dimensións Analíticas en Dimoni

Para as nosas análises de situación da nosa empresa, moitas veces queremos facer informes, ou máis ben, necesitamos información sobre, por exemplo, as nosas ventas por zona, ou por tipo de cliente.

Antigamente, cando os PCs traballaban con discos de 5 1/4 e non dispuñan de disco duro, había que aforrar non gigas ou megas como agora senón bytes, toda a información gardábase mediante códigos e estes segmentabanse, dividíanse para albergar todo tipo de información. Así o código do cliente (ou o do artigo) chegaba a significar, por exemplo:

TxxZZ9999 — Cliente A, onde

o T era o tipo
xx o tamaño
ZZ a zona
9999 o contador

Isto estaba moi ben, pero ¿qué pasaba cando o cliente medraba? ¿e se se mudaba de localización? A infomación contida no código xa non valía, houbo que buscar outros lugares máis flexibles para gardar esa información.

En Dimoni, ao lanzar a versión 7.0, decidiron poñer o que denominamos Dimensións Analíticas, por exemplo, estas son as que veñen definidas de fábrica (aínda que lle podemos poñer o nome desexado)

Dimensións Analíticas dos Artigos - Valores de Fábrica

Posúen a vantaxe de que se poden cambiar en calquera momento, cambiando así os resultados das nosas análises.

Entón simplemente vos quero indicar neste pequeno vídeo cómo facer para asignar a un cliente unha nova dimensión, e incluso, creala dende cero.

[yframe url=’https://www.youtube.com/watch?v=CY-8g04bDhw’]

Espero que o disfrutedes, en próximos posts veremos cómo sacarlle rendemento a esta característica.

Un saúdo

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *