China, ¿a fin do barato?

Lemos nun artigo publicado esta semana en The Economist que o potencial exportador de China, tal e como o coñecíamos, coas regras, custos e tipoloxía existentes, está a desaparecer paulatinamente.

China foi o principal contedor de inflación nos países desenrolados dende hai máis de dúas décadas, debido os seus baixos custos e as atractivas vantaxes (eficiencia, grandes portos, liberdade de traballo e solo) para establecer alí grandes factorías que provesen a occidente de todo o imaxinable.

E que o crecente nivel de vida dos chineses, coa xigantesca nova clase media, cun poder adquisitivo máis grande con suba de salarios en moitos casos, xeran unha crecente demanda interna que eles mesmos están a atender. Por outro lado, os custos soben debido a suba destes salarios, o que fai que os factores que ata agora facían a China un país atractivo para fabricar desaparezan.

A alternativa está noutros países asiáticos coma Bangladesh, a India, Malasiam, Vietnam ou Indonesia, pero non teñen comparación nin co tamaño nin coa eficiencia do xigante asiático.

Segundo o artigo, os precios dos bens mercados en China subirán un mínimo do 5% cada ano. Ademáis, outros factores como a importación de petroleo e outras materias primas clave e as imitacións en produtos máis tecnolóxicos poden trastocar aínda máis as economías dos países occidentais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *