Exact Synergy xa está dispoñible para Android. Despois da aparición na App Store para iPhone o mes pasado chega agora o momento para o sistema operativo móbil de Google.
Con esta aparición no Android Market, Synergy convértese na ferramente perfecta para a xestión empresarial dende calquera parte. Con ela poderás:
- Acceder ó teu fluxo de traballo
- Manexar a túa planificación e máis as dos teus compañeiros
- Ver, procesar, crear e editar peticións
- Acceder a toda a información dos clientes. Podes chamalos directamente ou obter a ruta para chegar a eles
- Chamar ou mandar emails ós teus compañeiros
- Arquivar facturas na túa conta de gastos mediante fotos e referencialos a proxectos ou contas
- Pedir vacacións
- Xestionar os tempos dos proxectos
Descargar | Android Market
Vía | Exact Blog