Cosmic Panda, a nova interface de Youtube

Estes días, co gallo do nacemento de Google +, o gran G está a redeseñar a interface de moitos dos seus produtos como Gmail, Blogger (agora Google Blogs) ou Picassa (agora Google Pictures). E tamén lle toca renovación a Youtube, o servizo de video online máis importante da rede.

A nova interface chámase Cosmic Panda e o máis novidoso é a importancia que se lle da agora os videos e as posibilidades que temos para cambialos de tamaño, utilizar listas de reproducción, etc. Con esta interface o máis importante é o video.

Se a queres probar tes que entrar na web de presentación de Cosmic Panda.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *