Subvencións Xunta: «Liña de dixitalización comercial»

Onte saíron á rúa unhas novas subvencións da Xunta de Galicia para a  modernización das empresas galegas.

Básicamente as actuacións subvencionables son:

a) Creación de páxinas web con tenda online.

b) Optimización e axilización dos procesos comercias (aquí é onde Desktop pode axudar) mediante a adquisición e posta en marcha de ferramentas como CRM, PDAs para os almacéns.

c) Actuacións de comunicación, publicidade e ferramentas de marketing 4.0, en internet ou usando novas tecnoloxías.

d) Actuacións de comercialización dixital

e) Loxística e-commerce

f) Loxística e-commerce sostible no kilómetro 0

 

Os epígrafes que se poden acoller son:

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.
642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.
643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.
644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.
645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.
647. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e bebidas en xeral (
agás 647.4 e 647.5).
651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.
652. Comercio polo miúdo de medicamentos, artigos de drogaría e limpeza, perfumaría e cosméticos (
agás 652.1).
653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construcción (
agás 653.4).
656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, artigos e útiles ordinarios de uso doméstico.
657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.
659. Outro comercio polo miúdo.

665. Actividades empresariais de comercio realizadas fóra do establecemento permanente: «comercio retallista por correo ou catálogo». No caso de comercio en liña, non será subvencionable a comercialización en liña de produtos ou
servizos non comprendidos no ámbito de aplicación da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
255.2. Fabricante de xabóns de toucador e produtos de perfumaría.
253.6. Fabricante de aceites esenciais e substancias aromáticas.
41. Industria de produción de produtos alimenticios.
421. Industria de cacao, chocolate e produtos de confeitaría.
43. Industria téxtil.
44. Industria do coiro.
45. Industria do calzado e vestido e outras confeccións téxtiles

Déixovos aquí uns PDFs con máis información.

EPÍGRAFES SUBVENCIONABLES Orden DOG Martes, 4 de maio de 2021 – AnuncioG0596-220421-0001_ Galego Orden DOG Martes, 4 de mayo de 2021 – AnuncioG0596-220421-0001_Castelán Resumen ejecutivo

SAUDE!

  • Print
  • email
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • del.icio.us
  • Digg
  • Google Buzz
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Tumblr
  • Ping.fm

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *