Hoxe fai 20 anos que Linus Torvalds, un enxeñeiro de informático que daquela tan so tiña 21 anos, anunciaba que estaba traballando nun pequeno proxecto. Aínda que a versión 0.01 non saiu ata septembro de 1991, considérase que esta mesaxe deixada nun grupo de novas de Usenet foi o momento clave:
Estou facendo un sistema operativo (gratuito, é só un hobby, non será grande nin profesional coma GNU) para clones AT 386 (486) . Esto preparouse dende abril e xa case está listo. Gustaríame recibir algo de feedback sobre o que lles gusta/non gusta en minix, porque o meu OS parécese un pouco (o mesmo layout físico no sistema de arquivos por razóns prácticas entre outras cousas).
Agora xa portei bash (1.08) e gcc (1.40) e as cousas parecen funcionar. Isto implica que entrarei en terreo práctico en poucos meses, e que me gustaría saber qué características lle gustarían á maioría da xente. Calquera suxerencia é benvida, pero non vos vou prometer que as implantarei 🙂
Linus
Para rematar esta homenaxe a Linux deixámosvos un video e unha infografía resumindo estes 20 anos co pengüino e o que é hoxe en día.
httpvh://www.youtube.com/watch?v=5ocq6_3-nEw
Vía | Hackeruna