Front Office e Back Office son dous termos utilizados habitualmente no mundo empresarial para referirse a diferentes puntos de vista da empresa dende o punto de vista do cliente. É dicir, a diferenciación farase dende o punto de vista de que o cliente poida ou non interactuar directamente cos diferentes departamentos da empresa.
Polo tanto Front Office referirase a marketing, vendas e servizos posvenda e Back Office para as actividades de recursos humanos, finanzas, contabilidade, administración, informática, etc.