A historia dos ERP

O nivel de persoalización e complexidade por un lado e simplificación de tarefas e proxectos polo outro con solucións totalmente adaptadas a tipoloxía dunha empresa en concreto é un castelo que se comezou a construir nos lonxanos 60 partindo de sistemas de control de inventarios, estendéndose despois a almacén e posteriormente outros departamentos da empresa.

O antecesor máis lonxano dos ERP son as aplicacións informáticas que utilizou EEUU na Segunda Guerra mundial para loxística e organización de tropas. Eran os anos 40 e as máquinas que se estaban a utilizar eran xigantes, complexas e arcaicas.

Estas aplicacións comezaron a entrar pouco a pouco nas grandes empresas norteamericanas durante as dúas seguintes décadas. O que permitían básicamente eran controlar inventarios. BOMP (Bill of Materials Processor) foi un sistema desenrolado por IBM para estas tarefas.

Coa xeralización da informática e a baixada de custos estes sistemas se foron xeralizando nas empresas. Esta popularización fixo que a mediados dos 70 aparecese o MRP I (Material Requeriments Planning). Básicamente era unha evolución do BOMP para xestionar inventarios complexos relacionados coa industria manufactureira e así poder reducir inventarios e tempos de proceso.

Xa nos 80 se incrementaba a esixencia dos clientes cos plazos de entrega e unha gama de produtos máis ampla. De ahí surxe unha nova evolucion: o MRP II (Manufacturing Resource Planning). Esta tiña como obxectivo a xestión efectiva de recursos nun entorno industrial máis complexo e esixente. Este pasaba do plano de ordenación productiva para introducir por primeira vez o plano contable e de recursos humanos.

O problema dos noventa foi que as solucións que había ata o momento estaban pensadas para a industria e eran pouco flexibles. Empresas comerciais, de servizos ou mesmamente o sector financeiro necesitaba de solucións adaptadas e así poder ser máis competitivas. De ahí nace o ERP, que vai un paso máis alá para integrar todos os procesos da empresa e non so os da producción, seguindo o camiño que moi arcaicamente iniciara o MRP II. Outro hito importante era o plantexamento da estrutura cliente / servidor que integraba toda a información nunha base de datos compartida.

Hoxe en día, Internet propiciou o desenrolo da parte de Front Office, propiciando así unha cobertura global, tanto do entorno da empresa coma dos seus procesos internos. Esto coñecese como ERP II.

Actualmente a tecnoloxía está a ir cara a ubicuidade e o dato único: traballar dende calqueira parte e fomentar os fluxos de información e de comunicación tanto dos actores internos da empresa coma dos externos, así como o dato único e o acceso ó mesmo en tempo real.


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *