Ligar salarios con productividade

Na recente reunión dos líderes do euro do pasado venres, disque a canciller de Alemaña, a Merkel, fixo que España (concretamente Zapatero) ligara a produtividade ao incremento dos salarios.

Básicamente, eu estou vehementemente dacordo con isto, pero o problema é, ¿cómo o facemos? É mais, estou seguro que por parte dos traballadores non vai haber problema, polo menos nas empresas que coñezo e coas persoas que traballo, vai haber máis problemas por parte dos empresarios. E ¿porqué digo que o problema está nos empresarios? Porque básicamente non están preparados.

A risco de enganarme, e moito, a maioría das empresas non teñen un Plan Estratéxico escrito e aprobado, e moito menos coñecido polos empregados. A miña dende logo non o ten.

Isto é realmente grave, se a dirección non ten moi definidos os obxectivos a acadar, menos o terán quen están por debaixo deles. ¿Cal é a solución?

A solución non é doada, pero é sinxela. Todos e cada un dos membros da organización ten que ter uns obxectivos, e eses obxectivos teñen que revisarse periodicamente para comprobar o seu cumprimento.

¿Cales son os obxectivos?

O obxectivo principal haberá que dividilo entre obxectivos a acadar por cada departamento / sección, e estes á súa vez hainos que dividir en obxectivos parciais dentro de cada un deles.

Imaxinemos que somos unha distribuidora de material informático. A nosa produtividade medirase segundo uns obxectivos (ver as características dos mesmos), incremento de vendas, redución da morosidade, minorar as entregas por axencia, etc.

Cada departamento e cada persoa deberá ter unhas funcións moi definidas e uns índices medibles e medidos, se cumprimos con eses obxectivos deberemos ser recompensados, así se incrementará a produtividade e a nosa retribución. Por exemplo, en Atento, a filial de telefónica, o salario base é moi reducido, pero se chegamos todos os días á nosa hora temos un incremento, se atendemos correctamente a un número de chamadas definido, temos outro; é dicir, se cumprimos cos nosos obxectivos e os nosos deberes o noso soldo será maior, os máis responsables e produtivos teñen máis soldo. Os que simplemente cumpren o seu soldo será máis básico.

Características dos obxectivos.

Un aspecto fundamental é o establecemento dos mesmos. Os trazos que ten que ter obrigatoriamente un obxectivo son:

  • Ter un responsable do seu cumprimento, con poder suficiente para tomar medidas correctoras. Se o responsable de acadar as vendas non pode, por exemplo, determinar as ofertas a realizar, non se lle poden esixir que as incremente.
  • Específico. O obxectivo ten que ser claramente identificable. Incrementar os beneficios non é un obxectivo, incrementar as vendas da familia de tornillería é un obxectivo.
  • Medible. Se non se lle pode asignar un número, non vale como obxectivo. Por exemplo, mellorar a atención ao cliente, non é un obxectivo. Pasar nas enquisas dunha valoración boa do 20% ao 25% dos entrevistados, si é un obxectivo.
  • Alcanzable. Se o obxectivo é esaxerado o único que se consegue é desmotivar ao persoal, se é demasiado fácil de acadar, conseguimos aburguesamento. Non podemos pedir un incremento do 100% cando o ano pasado foi dun 15%, haberá que pedir un 25%.
  • Realista. Semellante ao anterior, se pedimos obxectivos que necesitan de moitos medios ou de moito esforzo e aínda así é imposible acadalos, perderán efectividade. Non é un obxectivo, incrementar as vendas nas comunidade limítrofes, cando non hai comerciais nin infraestructura.
  • Determinado no tempo. Se os obxectivos non teñen un prazo de tempo, sempre se cumprirán.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *