O turismo galego a exame

Exceltur e Deloitte publicaron un completo estudo sobre o turismo en España en nas Comunidades Autónomas.

Galicia ocupa a metade da táboa destacando nalgúns pilares estratéxicos como son a Prioridade política e Gobernanza política (2º posto) e a Visión de Marketing Estratéxico e Apoio Comercial (3º lugar). Pero noutros sensos suspende estrepitosamente como na Accesibilidade e Conectividade por Medios de Transporte (16º lugar) ou nos Resultados Económicos e Sociais (12º lugar).

Galicia destaca en determinadas estratexias de marketing, como pode ser na marca institucional, que se posiciona como a máis forte de España, e tamén nas estratexias de marketing online onde acada os primeiros postos do ranking. É dicir, a porta dixital ó mundo é atractiva e ademáis visible. Por outra banda a estratexia global de marketing non acada os resultados esperados e aparte a eficiencia percibida non é a desexada para o esforzo realizado.

Outro dos puntos fortes é o estado de conservación dos lugares turisticos, onde a limpeza é o tratamento de residuos é superior á media.

En canto a diversificación dos produtos turísticos, Galicia sitúase como lider indiscutible en turismo termal e acada boas posición en bens patrimonio da humanidade e rutas de viño.  Sen embargo, acada resultados baixos no turismo de sol e playa e de neve e chega ó suspenso en turismo de naturaleza. Isto pódese deber ó pouco aproveitamente turístico que se lle da os inesgotables recursos naturais cos que conta o territorio.

En canto a calidade de formación en turismo, tamén se acada os primeiros postos, moi por encima da media española. Sen embargo estes recursos humanos non son ben aproveitados, contando cunha das productividades máis baixas do país.

No plano político, existe unha boa estrutura política e organización administrativa, ademáis dunha excelente colaboración do sector privado, quedando como asignaturas pendentes a reducción de trámites burocráticos e o incentivo da innovación.

Por último, os resultados económicos son inferiores á media, sendo a rendibilidade inferior á media española, así como o gasto por turista.

Para ver o estudo completo: MoniTUR 2010 Galicia nas páxinas 61 e 62.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *