Innovando na distribución: o supermercado vai a xente

«Que o supermercado vaia á xente e non a xente ó supermercado»

Esta foi a estratexia usada por Tesco (Home plus) en Corea do Sur. Alí, o número un da distribución é E Mart e ten unha rede de supermercados moito máis grande que a de Home plus. A pregunta que se fixeron foi se podían converterse no número un sen aumentar a rede de establecementos. Para facelo, tiraron de imaxinación e tecnoloxía.

A casuística do mercado surcoreano fai que a tipoloxía de consumidor medio non teña tempo suficiente para ir mercar o supermercado, e cando o ten, sexa un gran esforzo. Polo tanto había que buscar a formula para facerlles máis sinxela a compra.

Para iso utilizaron as estacións do metro, poñendo supermercados virtuais donde a xente merca mediante un smartphone. Os paneis simulan as estanterías do supermercado e mediante códigos QR o cliente engade os productos que quere a súa cesta da compra, que lle serán enviados unha vez estea na casa. Como eles mesmos din converteron a espera en tempo de compra.

Os resultados o din todo: máis de 10000 persoas utilizaron a tenda online con esta campaña, as novas altas á tenda online subiron un 76%, e as vendas online incrementaronse nun 130%. Home plus é agora a primera marca online e xa está moi cerca do número 1 en vendas offline.

httpvh://www.youtube.com/watch?v=fGaVFRzTTP4

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *