Upselling e Downselling, incrementando as nosas posibilidades de venda

Upselling e Downselling son dúas técnicas de venda onde o vendedor ofrece ó cliente dúas posibilidades con respecto ó produto ou servizo orixinador do proceso de venda.

No upselling o vendedor ofrecelle un item con maior valor engadido para o cliente, a maior prezo, que o cliente non había considerado ata o momento. Outras definicións de upselling inclúen a oferta por parte do vendedor de complementos como actualizacións, extensións, etc. sempre de cara obter un maior beneficio na operación.

O downselling é a opción contraposta ó upselling, e consiste na oferta ó cliente dun produto o servizo de menor nivel que o suxerido orixinalmente. Esto débese a que, por diversas circunstancias (falta de presuposto, complexidade…), o cliente pode considerar que o produto non é o adecuado correndo o risco de que ó final non se produza ningunha venda. O downselling rebaixa as expectativas, características, prezos, etc. do produto orixinario pero pode aumentar as probabilidades dunha venda satisfactoria.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *