Rematamos a semana cunha das cousas esenciais para estar nese sitio onde pasamos tantas horas á semana e que se converte nun segundo fogar: ser feliz no traballo.
A axencia de recursos humanos Wanted Selection grabou este corto en Galicia con eses 10 consellos en forma de galleta para levar o día a día dun xeito máis ameno e agradable.