Como sempre Google non se está queto, como se adoita dicir agora «A cabeza non para».
Acaba de presentar a versión do seu navegador para móbiles, concretamente para Android 4.0, ou sexa que os que temos unha versión anterior temos que prescindir del. Nin en Google son perfectos.
O principal deste navegador é a súa rapidez e a posibilidade de coordenar contidos entre o noso ordenador e o móbil. Esta última característica é a que me parece máis útil. Deixovos un vídeo de promoción do mesmo,
Saúdos