Hoxe celébrase a Hora do Planeta. Unha proposta de WWF para, de xeito reivindicativo, apagar a luz durante unha hora esta noite.
Nos pensamos que o aforro enerxético ten que ir da man dun cambio de mentalidade e de filosofía na empresa, onde debemos de pensar en aforro non so polo lado ecolóxico, senón tamén polo lado económico, aparellado a un aforro de custos.
A través de estes sinxelos consellos poderás acadar que a túa oficina sexa un lugar máis ecolóxico/eficiente:
- Non encendas as luces se non é necesario
- Apaga as luces que non uses
- Aproveita ó máximo a ventilación natural
- Non deixes portas ou ventás abertas
- Apaga os sistemas de climatización cando estean as salas vacías
- Programa os termostatos
- Cando merques novos equipos, que incorporen opcións de enerxia
- Desenchufa os equipos cando non os utilices
- Consume só a auga necesaria nos baños e na cociña
- Utiliza as escaleiras!
Via | WWF