Unha das cousas a ter claras á hora de crear ou reestructurar unha empresa é a súa organización. Para iso cómpre ter claro cales son os principais actores que aparecen en calquera organización.
Núcleo de operacións
Básicamente componse de operarios que transforman os inputs en outputs, doutros que distribuen eses outputs e dos que se adican ó mantemento das funcións básicas da empresa.
Liña media
Son o nexo de unión entre o núcleo de operacións e o ápice estratéxico. Vinculan as diferentes partes da empresa mediante a cadea de mando
Ápice estratéxico
Os que ocupan os estratos superiores da xerarquía, xunto co seu staff persoal.
Tecnoestructura
Son os que analizan o traballo, establecen sistemas de planificación e control da administración e estudan o persoal.
Staff de apoio
Proporcionan axuda á organización fóra do fluxo de traballo de operacións
Ideoloxía
Abarca as tradicións e creencias dunha empresa, a distinguen doutras e danlle un toque de vida propia á súa propia estructura.