Comezamos este resumo semanal co máis salientable que nos atopamos pola rede:
- A semana comezaba cun interesante review sobre o consumo de enerxía das principales compañías tecnolóxicas do mundo. Podemos ver a comparativa dos consumos dos seus Datacenters, que xa supoñen o 3% da enerxía usada en EEUU.
- As principais tendencias que se vivirán durante este ano con respecto ó mundo da tecnoloxía e da rede.
- Tamén vemos a forma de aplicar as retencións do IRPF as facturas por servizos profesionais.
- Outro ano máis chama a atención os resultados de Inditex no 2010, máis meritorio se cabe co panorama económico actual.
- Os políticos galegos dan a cara no Twitter. Coñecemos que hai detrás das contas de algún deles.
- Descubrimos a radiografía dun tweet.
- A tecnoloxía NFC de proximidade (similar a RFID) chega pouco a pouco a España.
- Interesante reflexión sobre Grecia, e o seu potencial impago de débeda e saída do Euro.
- Coñecemos o SLA ou nivel de servizo, termo importante cando falamos de Cloud Computing.
- Tres casos reais sobre liderazgo na empresa: Angel Squembri, Carlos Blanco e Agustín Cuenca.
- Descubrimos algúns aspectos de IKEA, Inditex e Dell que podemos imitar nas nosas empresas para mellorar o día a día.
- Puntos de Linkedin que podemos aproveitar para as relacións B2B
Podes seguir día a día o que máis nos interesa na rede na páxina de Compartidos de Desktop